O Teleclube 03x05: "Die my love"
Update: 2025-11-18
Description
Lynne Ramsey e Jennifer Lawrence levan 'O Teleclube' ao abismo en 'Mátate amor'
Lawrence xúntase coa autora escocesa para a que podería ser a mellor interpretación da súa carreira.
"Mátate amor" ("Die my love"), conta a historia de Grace (Jennifer Lawrence), unha muller que entra en depresión despois de mudarse á Montana rural para vivir na casa familiar da súa parella (Robert Pattinson) e tras o nacemento do seu primeiro fillo. Lynne Ramsey, a directora de 'Temos que falar de Kevin", retrata outra muller en crise despois de dar a luz, pero esta vez o problema non é o seu fillo, senón todo o demais.
Estreada en Cannes, "Mátate amor" é un proxecto de paixón da excelente Lawrence e de Ramsey, que leva o seu estilo visual evocador a un drama no que tamén destacan moitos momentos de humor negro. Escóitanos para saber que nos pareceu!

Comments
In Channel